Unha das maiores preocupacións que teñen -ou deberían ter- os responsables públicos é como facer habitables as cidades diante do quencemento global.
Sen embargo, nos últimos corenta anos, o urbanismo que se practicou foi o chamado “urbanismo duro”. Este baseabase en deseños minimalistas e liñais, utilizando únicamente formigón, marmol e granito na súa construcción. E sen rastro de vexetación e sombra.
No estado español, cidades como Sevilla rexistra temperaturas por riba dos 40° máis de 30 días ao ano e por riba dos 35° máis de 70.
O urbanismo duro fixo que as cidades hoxe sexan casi inhóspitas.
Algúns responsables públicos empezan a tomar medidas diante desta situación, como o concello de París, que pretende retirar o 40% da superficie asfaltada e plantar 170.000 árbores. Unha medida acertada, mais se cadra chega tarde.
No resto do deseño urbanístico, como zonas residenciais, edificicacións… tamén se utilizaron criterios similares. A superficie verde, a vexetación e a sombra representa cantidades ridículas.
Esta serie, preséntase como unha hipérbole gráfica desta situación.