O panóptico naceu como un modelo de estructura arquitéctonica carcelaria. Sempre estivo e está ao servizo do poder, que se exerce mediante o control e a dominación de observar sen ser visto para obter individuos normalizados e disciplinados.
Hoxe, aínda que sirve exactamente para o mesmo, a vixianza está xeneralizada. Non é só a través das cámaras instaladas na rúa e espázos semipúblicos, as CCTV (na que se centra esta serie), senón tamén cando utilizamos calquera aparello dixital conectado a rede.
Teoricamente, véndennos que estes CCTV instálanse preventivamente para garantizar a nosa seguridade. Esa idea xurdiu, sobre todo, a raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001 en Nova York, 11 de marzo de 2004 en Madrid, e 7 de xullo de 2005 en Londres. A cantidade de información que recopilan sobre a poboación é brutal.
“Con el pretexto de tratar de proteger al conjunto de la sociedad, las autoridades ven en cada ciudadano a un potencial delincuente. La guerra permanente contra el terrorismo les proporciona una coartada moral, impecable, y favorece la acumulación de un impresionante arsenal de leyes y dispositivos para proceder al control social integral”, Ignacio Ramonet, El imperio de la vigilancia