UNIVERSO PERIPATÉTICO

universo
Conxunto da materia que existe no espazo e no tempo, particularmente referida aos corpos celestes e, en definitiva, conxunto de todo o que existe.
peripatético
Relativo ou pertencente ao aristotelismo. Estuda a influencia dos filósofos da escola peripatética no pensamento occidental.
A escola peripatética era un círculo filosófico da antiga Grecia, fundada por Aristóteles. Recibiu este nome porque tiña un xardín polo que, o mestre paseaba cos seus discípulos, reflexionando sobre a vida. En grego peripatêín significa dar voltas.

“Universo Peripatético” constitúe unha reflexión visual sobre o espazo público na cidade contemporánea. A través de varias series que, en principio non naceron cunha visión de conxunto, o autor, dende unha estratexia crítica vai desenmarañando cunha mirada ao detalle
a complexidade da vida urbana. É por tanto, unha reflexión sobre un todo, o urbano (universo), a través do andar (peripatético) utilizando a metodoloxía do movemento situacionista de mediados do século pasado, a deriva.

Series que compoñen este traballo: