Retratos intervidos

“Retratos intervidos” é unha serie consecuencia dos meus vagabundeos urbanos.

Neste caso, son retratos intervidos tanto polas condicións climatolóxicas como e sobre todo, pola acción humana. Son retratos de retratos, pois en realidade son imaxes que foron trasladadas a rúa a modo de anuncios publicitarios ou doutra índole, que o paso do tempo e a acción humana, mudaron.

Foron intervidos de tal xeito que se converteron en obras efímeras en constante transformación. Esta é unha aproximación persoal a elas.