Ángulos mortos

Walter Benjamin dicía: “Importa pouco non saber orientarse nunha cidade. Pola contra, perderse nunha cidade como quen se perde nun bosque, require aprendizaxe.

Eu utilizo como metodoloxía para o encontro co urbano, camiñar sen rumbo, a deriva, os vagabumdeos… E nesa deriva “escoito” a cidade desde unha perspectiva crítica co establecido, dando resposta as perturbacións das retóricas e dos discursos oficiais.

“Ángulos mortos” é o produto desas deambulacións. Son lugares pouco transitados, espazos negativos, a cidade que se ve pero non se mira. A súa cara B.

Unha especie de mapa anti-turístico da cidade contemporánea.