
Son un fotógrafo autodidacta e independente. Ata 2012, cando comecei a implicarme de cheo, a miña relación coa fotografía era intermitente. Dende entón, a rúa foi o meu principal campo de acción, centrándome na observación do espazo público e a súa narrativa.
O meu traballo focouse, sobre todo, en achegarme ao espazo urbano dende unha perspectiva crítica, utilizando como metodoloxía a deriva. Nel refléxanse as alteracións da orde establecida pola oficialidade, a distopía urbana e a alienación social.
A miña formación estivo marcada por cursos e talleres con fotógrafos de renome como Cristóbal Hara, José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Rafa Badía, Nicolás Combarro, Walter Astrada e Óscar Molina, entre outros.
Ao longo destes anos, o meu traballo foi recoñecido en varias ocasións e puiden mostralo en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, en cidades galegas (Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra, Ferrol) e a nivel internacional (Lisboa, Miami, San Francisco, Londres, Milán).
Hoxe, a miña fotografía evolucionou cara a unha liña máis persoal e autoral, sen abandonar o meu interese polo traballo documental, que sigo a desenvolver en paralelo.
En 2016, xunto con outros tres fotógrafos, fundei Quitar Fotos, un espazo de reflexión, diálogo e difusión de propostas visuais de rúa e documentais.
Publicacións online:
- Boek Visual, (2025): “FRAGMENTOS“
- El País, Opinión, Exposición (2025): “Obsolescencia”
- Woofermagazine, (2024): “Retratos intervidos“
- Fotoblogia (2018): “Fragmenty” Alberte A. Pereira, czyli inne podej?cie do fotografii ulicznej
- LensCulture (2017): Simple, Essential Fragments from the Street
- Croa Magazine (2016)
- Edge of Humanity Magazine (2015) Street Photography Essay – Portugal
Entrevistas:
- Por Ana Triñanes para Nós Diario (2020): aquí
- Por María Solar para ZigZag fin de semana na CRTVG (2020)
- Por David Fidalgo para La Calle Es Nuestra (2020): aquí
- Por Arek Rataj para 121Clicks (2018): aquí
- Por Sandra Remón para FotoKalea (2018)
- Por Braulio Moreno para TheImagen.com (2017): aquí
- Por Marcos Ros para Crisol Street Photography (2017)
- Por Michael Ernest Sweet para streetphotography.com (2017): aquí
- Street Photography.es (2016)
- Cultura Fotográfica (2016)
- El Comarcal – La Voz de Galicia (2016) aquí
- Web Gael por las calles (2015)
- Portal Phyvi (2015)
- Televinte Chantada (2014) aquí
Mencións:
- La Aventura del Saber, La 2, RTVE (2025): “FRAGMENTOS” minuto 51’07”
- La Caja de membrillo, blog de Blas González (2020): Ángulos Mortos
- OCA Contextual Studies, blog de Blas González (2020): FRAGMENTOS (inglés)
- La Caja de Membrillo, blog de Blas González (2020): Notas sobre FRAGMENTOS
- Artdoc Magazine (2020): “Is contemporary street photography art or documentary?”
- Letra Global (2020): “El imperio visual de la reclusión social”
- Cultura Inquieta (2020): “Miradas adentro”, 19 fotógrafos muestran su manera de vivir el confinamiento
- Xataka Foto (2020): ‘Miradas Adentro’, fotógrafos callejeros (y/o documentalistas) retratan su propio confinamiento en los tiempos del coronavirus
- La Caja de Membrillo, blog de Blas González (2020): Sombra
- NTS! Webzine (2018): Fragmentos
- Xataka Foto (2018): Estas son las imágenes vencedoras en el III Certamen Internacional de Fotografía Signo editores
- TheImagen.com, blog de Braulio Moreno (2018): + 20 Libros recomendados por grandes fotógrafos y expertos
- Xataka Foto: Estos son los ganadores y finalistas del concurso Street Photography Awards 2017 de LensCulture
- Cadadiaunfotografo.com, blog de Luis Martínez Aniesa (2017): Alberte A. Pereira
- “Identity and Place”, blog de Blas González (2017): Alberte A. Pereira: Fragmentos
- TheImagen.com, blog de Braulio Moreno (2017): Los 50 mejores blog de fotografía en español
- Rubexiphoto.com, blog de Jota Barros (2016): Los 12 mejores blogs de fotografía en español
- Blog de Javier Calvo (2016): Street Photographers en 80s: Alberte A. Pereira
- Blog de Javier Calvo (2015). 7 fotografos de calle españoles muy activos en faceboock
Destacado:
- Xataka Foto – Fotógrafos de calle (II) (2017): 13 fotógrafos españoles a los que seguir la pista
- Lensculture – Selección de Jim Casper (2016): 111 New Street Photography Discoveries
- Rubexiphoto.com, blog de Jota Barros (2016): Aprende fotografía (de calle) con Alberte Pereira
- Rubexiphoto.com, blog de Jota Barros (2015): 10 Fotógrafos de calle nacionales que vale la pena seguir