Filtros

Hoxendía existen unha morea de aplicacións ou programas que nos ofrecen “filtros” cos que “persoalizar” as nosas fotografías nun só click. Isto leva a que moitas das fotografías que visualizamos a diario, sobre todo nas redes sociais, teñan aplicados os mesmos filtros e sexan moi parecidas.
Nesta serie eu “aplico” os “Filtros” cos que nos atopamos nas rúas. Reflexos, neóns, fotografías realizadas a través dos vidros, escaparates… En definitiva filtros non estandarizados e que dependen máis da miña visión subxectiva.