Encontros

As imaxes desta serie non obedecen a unha idea preconcebida. Eu nunca saio a fotografar cunha idea fixa. Sempre tento saír a fotografar con total liberdade. Libre de ataduras en todos os sentidos. Gústame encontrarme coa fotografía, non buscala.

Esta serie é o resultado dos “Encontros” casuais, produto en grande medida, das derivas e vagabundeos intuitivos polo espazo urbano, aldeas e pobos que frecuento. Algunhas forman parte doutros proxectos pero, en todo caso, todas son froito do encontro.

Encontro no dobre sentido da palabra, xa que son encontradas individualmente e, despois na edición, hay un segundo enfrontamento, dando lugar a dípticos que forman algo totalmente diferente. Pequenas historias as veces, outras pura linguaxe visual.

Esta serie forma parte dun conxunto maior, e que o tempo será o que decida o seu futuro. Se cadra, o denomidador común sexa que en certa medida xeran certa incomodidade.