Alberte A. Pereira //Series

Retratos intervidos

“Retratos intervidos” é unha serie que, como “Desvíos urbanos” e “Filtros”, son consecuencia dos meus vagabundeos urbanos.

Neste caso, son retratos intervidos, tanto polas condicións climatolóxicas como e sobre todo, pola acción humana. Son retratos de retratos, pois en realidade son imaxes que foron trasladadas a rúa a modo de anuncios publicitarios ou doutra índole, que o paso do tempo e a acción humana, mudaron.

- Ler máis

------

Filtros

Na actualidade, a fotografía democratizouse de tal maneira, que calquera pode facer fotos tecnicamente perfectas.

Asemade, existen unha morea de aplicacións ou programas que nos ofrecen "filtros" cos que "persoalizar" as nosas fotografías non só click. Isto leva a que moitas das fotografías que visualizamos a diario, sobre todo nas redes sociais, teñan aplicados os mesmos filtros e sexan moi parecidas.

- Ler máis

------

Desvíos urbanos

Desvíos urbanos é unha serie -inacabada- froito do vagabundeo intuitivo polas cidades que visito. De explorar, de observar, de deixarse levar, de descubrir e de “escoitar a cidade” para finalmente representar o espazo urbano dende unha perspectiva de autor.

- Ler máis

------