Difícil que gusten, difíciles de ver, difíciles de facer

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

O outro día, "navegando" por internet fun bater no blog de Juan José Reyes, o director executivo do Miami Street Photography Festival. E dei cun artigo moi interesante, en inglés, pero que o google me traduciu de maneira minimamente comprensible -tamén sirve para esta web ;) -.

"Os 5 niveles da fotografía de rúa" é o título do artigo no que fala do seu método de edición e do concepto fricción cognitiva.

Fala da importancia da fricción cognitiva na fotografía. Di que canto maior é esa fricción, maior é a dificultade para comprendela, pero tamén máis perdurable no tempo e a súa pegada emocional máis profunda. "Se unha imaxen ten unha alta fricción cognitiva significa que non pode ser comprendida somentes ao ser vista. A mente terá que traballar para comprendela e a emoción cambiará dependendo dos diferentes factores internos, que sempre cambian", afirma.

Di tamén que unha imaxe pode ser interesante, mais se non hai fricción, senon problematiza, será facilmente esquecida polo observador.

Os 5 niveles dos que fala JJ Reyes son:

Nivel 1
Emoción: Interese
Fricción cognitiva: Baixa
© Vivian Maier
Explica que son imaxes descriptivas que provocan pouco interese e non manteñen ao espectador por moito tempo. Son máis de tipo documental e deben analizarse no contexto no que foron tomadas.

Nivel 2
Emoción: Alegría.
Fricción Cognitiva: Baixa
© Robert Doisneau
Imaxes que provocan sorriso, son agradables de ver, broma visual e divertidas. Tamén suelen ser descriptivas, pois todos os elementos son visibles no encadre e non hai lugar a imaxinar. Di que canto máis as miramos, menos forte é a emoción inical. "Unha historia divertida tórnase menos divertida co tempo", conclúe.

Nivel 3
Emoción: Sorpresa
Fricción cognitiva: Media
© Henri Cartier Bresson
Aínda sendo imaxes onde todos os elementos son visibles, preséntanse de xeito que provocan forte curiosidade ou cuestionamento. É preciso adicarlle un tempo para descifrala e descubrir todo o que se ve no encuadre. Xeralmente teñen varios planos ou diferentes escenas no encadre.

Nivel 4
Emoción: Angustia
Fricción cognitiva: Alta
© Lee Friedlander
Son imaxes suxerentes, non descriptivas, que desencadean emocións como confusión ou medo, raiba ou tristura, provocan confusión...a utilización de desenfoques e sombras son comúns.

Nivel 5
Emoción: Mistura (xeneralmente de 3 e 4)
Fricción cognitiva: Maior
© Henri Cartier Bresson
Son imaxes que desencadean diferentes emocións á vez, poderosas. Imaxes, di, que Meyerowitz e Winogrand denominaron imaxes difíciles: "difícil que gusten, difíciles de ver, difíciles de facer, o máis difícil de facer convértese no máis fermoso".

Como conclusión, dicir que cando hai fricción cognitiva nas imaxes, cando nos producen emocións varias, convértense en interesantes, profundas e perdurarán no tempo. Pola contra, as imaxes meramente bonitas, terán menos valor, son de percorrido curto no tempo e por tanto serán máis fáciles de esquecer.

Recomendo leer o artigo orixinal para ver máis exemplos fotográficos dos diferentes niveles que menciona.