Tiremos ao lixo o 99,9% das nosas fotos

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Nunha ocasión escoiteille dicir a Alex Webb nun video que o 99,9% das fotos que quitaba, ían ao lixo. Non valían. O que pon de manifesto a dificultade da fotografía de rúa,  para min a disciplina máis dificil pois non controlas nada.

Trent Parke - Moving Bus Sydney

© Trent Parke

Outro fotógrafo Magnum, o australiano Trent Parke, admitiu que para quitar a foto que acompaña esta entrada, e que forma parte do seu traballo "Minutes to Midnighte" gastou un cento de rolos de película.

A dificultade estaba en que nese lugar só se podía ver esa luz en certa época do ano, polas tardes e por espacio duns 15 minutos. El foi a ese lugar durante moitos días, tirou centos de fotos ata que un día, un bus pasou no momento adecuado, coa luz óptima e coas persoas situadas tal e como el quería conseguindo a fotografía que buscaba. E dicir, que para conseguir unha boa foto, tirou o lixo centos delas.

Se fotógrafos da talla de Trent Parke ou Webb tiran ao lixo tantas fotos que, calquera de nós, simples amadores da fotografía aproveitariamos...que será das nosas!!!

Son varias as conclusións que eu saco deste xeito de traballar dos máis grandes:

Primeira: Hai que ser perseverantes. A fotografía de rúa é moi díficil e para conseguir un bo resultado demanda moito traballo.

Segunda: A fotografía ten que vivirse casi obsesivamente. Ten que ser unha paixón, do contrario, non actuaremos como o fixo Trent Parck.

Terceira: A imaxe que queres está na túa cabeza. Conseguila ou non, será o resultado do traballo que realicemos. Se temos o escenario e a luz, hai que insistir ata conseguir o resultado desexado.

A idea que pretendo mostrar é que debemos ser moi esixentes -autocríticos, dicía nunha entrada anterior-, editar, e ter claro que a grande maioría das fotografías que facemos é lixo. Só unha ínfima parte do noso traballo é aproveitable. E debemos por énfase en tentar superarnos, disfrutando, pero buscando mellorar día a día.