Proxectos interesantes: City Bus de Nancy Honey

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

O pasado mes de setembro, nos Encontros da Imagem en Braga merquei o catálogo "O imaginário do quotidiano" do ano 1997. Despois de repasar aos autores que participaran nese ano, leveime algunha sorpresa. Por exemplo, no 97 estivo Bruce Gilden en Braga. Mais tamén algunha outra, como Nancy Honey, que me chamou a atención.

city bus nancy jonesPara min era unha perfecta descoñecida. Vin as tres imaxes que aparecián no catálogo e a descrición do seu proxecto, fun a internet e busqueina. O seu proxecto "City Bus" pareceume interesante. Ou mais ben, de como nun espazo público tan acoutado como pode ser un bus, se pode desenvolver un proxecto.

A serie de fotos de Nancy Honey titulado "City Bus" foi contratado por Southern Arts e Citybus, Southampton, en 1991. A empresa de autobuses quería unha obra de arte para amosar no interior dos autobuses co fin de impulsar o uso deste medio de transporte colectivo. A serie está constituída por 43 fotografías.

É claramente un proxecto vinculado a fotografía de rúa, todas en formato vertical e a cor. Nelas pódense visualizar as diferentes situacións que se dan nas paradas, esperas e outras situacións nas viaxes en bus nunha cidade como Southampton.

 

© Nancy Honey