Pasa a papel as túas fotos

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Dende que o mundo dixital irrumpiu na fotografía, e despois co fenómeno das redes sociais e internet en xeral, maioritariamente só vemos imaxes a través dunha pantalla. Ben dun ordenador ou en calquera outro dispositivo.

Non está mal, é barato e vense con certa calidade, sobre todo se tes un bo monitor. Agora ben, positivar (hai quen o sigue facendo) ou imprimir e pasar a imaxe a papel, é outra cousa.

Dende fai un tempo e previa edición pausada, collín o costume de, cada mes, pasar a papel unha ou dúas das miñas fotos. Imprimo a un tamaño de 40x26,7cm. normalmente en papel Hahnemühle Photo Rag Baryta 315gr ou Canson Rag Photographique 310gr.

Imprimo nun lugar onde, previamente e despois de probas varias, contrastei a calidade e axustei o meu traballo de procesado aos perfiles de impresión dese laboratorio e deses papeis.

Pódovos asegurar que, apreciar unha foto a ese tamaño en papel non ten nada a ver con vela na pantalla. Poder tocala coas túas máns, apreciar todos os detalles...é outro mundo. A sensación é a de estar vendo unha fotografía, como faciamos antes. Ademais, aínda que o teu disco duro "pete", a foto seguirá aí.

Proba, pasa a papel, e verás!