Finalista no Miami Street Photography 2015

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

A verdade é que cando decidín enviar as 5 fotos para participar neste festival, e vendo o nivel que había nas edicións anteriores, nin pola cabeza se me pasou poder chegar a ser finalista.

Cando o pasado domingo 25 de outubro recibo o correo de Juan José Reyes, Director Executivo do MSPF 2015, comunicándome que elexiran unha das miñas fotos como finalista, sentín que todo este tempo tentando mellorar e aprender, todo o esforzo merecera a pena. E por suposto, sentín unha enorme alegría.



A foto seleccionada é a que vedes nesta entrada e estará exposta, xunto coas outras 63 finalistas,  no “History Miami’s Center for Photography” do 20 de novembro ata o 17 de xaneiro de 2016, e formarán parte do Festival de Street Photography de Miami que se celebrará entre os días 3 e o 6 de decembro.

Desta tenra sairan as tres gañadoras, que se darán a coñecer o día 5 de decembro. Nesta última fase, o xurado estará composto polos fotógrafos da Axencia Magnum David Alan Harvey e Bruce Davidson, Maggie Steber, de National Geographic e o fotoperiodista Peter Turnley.

Como xa teño dito, eu con esta selección xa gañei!