Galicia, vista por fotógrafos MAGNUM

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Remexendo na web da Axencia Magnum, atopeime o outro día con algunha foto de Galiza. Pouco despois, merquei o último libro de Harry Gruyaert, e vexo que no mesmo inclúe tres fotos da nosa terra. Entroume a curiosidade e púxenme máns a obra.

Logo MagnumAta dezaoito fotógrafos da prestixiosa axencia teñen imaxes de Galiza nas súas galerías. Tres deles, Ian Berry, Geert Van Kesteren (xa non está en Magnum) e Richard Kalvar, ademais, participaron no malogrado proxecto "Galiza na ollada de Magnum" xunto co galego Delmi Álvarez. Malogrado proxecto porque a miopía do daquela Director Xeral de Turismo, Rubén Lois González, que dixo: “Vimos as fotos e eran un tópico de Galicia, non decían nada novo e non falaban da realidade do país. Non eran aconsellables para mostrar”, fixo que nunca chegara a bo porto. Algunha das razóns polas que non foi adiante este proxecto, dáas Delmi Álvarez, que ademais de participar no proxecto era comisario do mesmo.

En todo caso, hai moitos e variados xeitos de ver a Galiza, e así o demostran os centos de imaxes que podemos ver nas diferentes galerías. Dende a mirada máis antropolóxica de Cristina García Rodero, á contemporánea de Harry Gruyaert, unha máis poética de Miguel Rio Branco, pasando por Josef Koudelka, David Alan Harvey ou Martin Parr.

Os temas tamén son diversos. Así, podemos ver paisaxe urbana e rural, festas populares, os sectores produtivos, a Rapa das Bestas, ou a catástrofe do Prestige.

Recoméndovos que lle adiquedes un tempo e deades unha volta polas diferentes galerías, fotógrafo a fotógrafo, para observar como nos ven dende fora. Os diferentes xeitos de ollar o noso País. Dende logo é moi interesante vernos a través da mirada destes grandes fotógrafos.

Clicando enriba do nome do autor, accederedes xa as imaxes sobre Galiza. (Se hai algún erro, avísade!)

Ian Berry
Geert Van Kesteren (Xa non está en Magnum)
Richard Kalvar
David Alan Harvey
Harry Gruyaert e aquí
Cristina Garcia Rodero
Moises Saman
Peter Marlow
Bruno Barbey
Alex Majoli
Miguel Rio Branco
Inge Morath
Jean Gaumy
Martin Parr
Karl De Keyzer
Ferdinando Scianna
Stuart Franklin
Josef Koudelka