Encontros

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

As imaxes desta serie non obedecen a unha idea preconcebida. Eu nunca saio a fotografar cunha idea fixa. Sempre tento saír a fotografar con total liberdade. Libre de ataduras en todos os sentidos. Gústame encontrarme coa fotografía, non buscala.

Esta serie é o resultado dos “Encontros” casuais, produto en grande medida, das miñas derivas e vagabundeos intuitivos polo espazo urbano, aldeas e pobos que frecuento. Algunhas forman parte doutros proxectos pero, en todo caso, practicamente todas son froito do encontro.

Encontro no dobre sentido da palabra, xa que son encontradas individualmente e, despois na edición, hay un segundo enfrontamento, dando lugar a dípticos que forman algo totalmente diferente. Pequenas historias as veces, outras pura linguaxe visual.

Esta serie forma parte dun conxunto maior, e que o tempo será o que decida o seu futuro. Se cadra, o denomidador común sexa que xeran certa incomodidade.