Reseteando!

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Como vos darías conta, levo dende setembro do ano pasado sen escribir nada no meu blog. Foron varios os motivos, que non veñen a conto expolos aquí. O caso é que quero retomar a actividade no blog, ao meu ritmo iso si. Sen presións de publicar cunha periodicidade concreta. Só cando teña algo que compartir.

Istanbul© Alberte A. Pereira

Como tamén vos darías conta, Quitar Fotos, plataforma que axudei a por en marcha, tamén está parada. Tampouco ven ao caso expor aquí os motivos. Pero si quero aproveitar esta entrada para anunciar publicamente o que xa hai meses lles comentei aos compañeiros e que é un feito, eu xa non participo en Quitar Fotos. Como na vida, son etapas que empezan e teñen fin. Por tanto, eu non teño ningunha responsabilidade no que de agora en diante aconteza en QF. Deséxolle iso si, toda a sorte do mundo e longa vida.

Vémonos!!