Filtros

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Na actualidade, a fotografía democratizouse de tal maneira, que calquera pode facer fotos tecnicamente perfectas.

Asemade, existen unha morea de aplicacións ou programas que nos ofrecen "filtros" cos que "persoalizar" as nosas fotografías non só click. Isto leva a que moitas das fotografías que visualizamos a diario, sobre todo nas redes sociais, teñan aplicados os mesmos filtros e sexan moi parecidas.

Nesta serie eu aplico os "Filtros" cos que nos atopamos nas rúas. Reflexos, neóns, fotografías realizadas a través dos vidros, escaparates... En definitiva filtros non estandarizados e que dependen máis da miña visión subxectiva. Creo con elo, imaxes abstractas, complexas as veces, suxerentes e non tan estandarizadas.