Resumo do Taller de Fotografía de Porto

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Deixo aquí o resumo en fotografías do taller que impartín en Porto o pasado 6 e 7 de outubro. Porque en papel, as fotografías son!!

Estou en período de cambios nos talleres e, un deles xa se fixo efectivo. En vez de un video resumo, edito un fanzine tamaño A5 en papel coas fotos das persoas que participan. Eles xa o teñen nas súas casas. Espero que vos guste!

Outros cambios avecíñanse nos posibles talleres que poida impartir. Serán máis sobre o xeito de concebir o propio taller, incluso da súa denominación, pois aínda que manterei os talleres de foto de rúa como os impartidos até agora, os novos terán máis a ver co feito de "escoitar a cidade". Outra novidade será que o número de prazas será limitado e menor. Menos é máis!!

Xa vos irei informando!