Desvíos urbanos

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Desvíos urbanos é unha serie -inacabada- froito do vagabundeo intuitivo polas cidades que visito. De explorar, de observar, de deixarse levar, de descubrir e de “escoitar a cidade” para finalmente representar o espazo urbano dende unha perspectiva de autor.

“Estou interesado en como a paisaxe urbana ten o poder de dicir cousas e como a fotografía se pode converter nunha  ferramenta para escoitar –o que o sociólogo Les Back describe como a ‘arte de escoitar’-”
Paul Halliday