A cidade invisible

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

É bastante difícil que nos talleres que imparto, as persoas que asisten, presenten ao final do mesmo fotografías onde só aparezan obxectos,  espazos traseiros ou bodegóns encontrados.

Isto fíxome pensar que é, en grande medida por dúas razóns: a primeira e máis grave, fallo meu de non por exemplos de fotógrafos que si o fan, xa que eu mesmo fago moito e gústanme este tipo de fotografías. E a segunda, e máis complicada de controlar, é que moitas das persoas que asisten aos talleres, participan ou siguen a grupos de fotografía nas redes sociais, onde predominan as imaxes que “funcionan” e reciben miles de “likes”, e onde non aparecen ou é moi difícil atopar ningunha fotografía das que estou a falar nesta entrada.

michael wolf

Da serie "Back door" © Michael Wolf


Lembrando algunha entrada anterior sobre revisar e explorar o noso arquivo fotográfico, teño feito unha recompilación de bodegóns encontrados, espazos, lugares, obxectos...que me ten chamado moito a atención, porque é unha constante no meu traballo. É como se aparecera unha “cidade invisible” que escapa dos circuítos máis coñecidos e turísticos, ou a cidade que se ve pero non se mira. A cidade que se descubre a través dos vagabundeos urbanos e derivas, das que fala  Francesco Careri no libro “Walkscapes. El andar como práctica estética”. 

michael wolf

Da serie "Back door" © Michael Wolf


Vou por uns exemplos de traballos deste tipo que me parecen moi interesantes, dun fotógrafo consolidado e tal vez pouco coñecido a pesar de aparecer no libro Street Photography Now, de Sophie Howarth e Stephen McLaren e publicado no 2011. Estou falando de Michael Wolf. Fotógrafo alemán que residiu durante varios anos en Hong Kong e París.

michael wolf

Da serie "Lost laudry" © Michael Wolf


Ten varias series con fotografía de obxectos, traseiras ou bodegóns encontrados, fachadas... eu persoalmente resaltaría "Back door" e "Lost laundry" realizadas na cidade asiática. E tamén na mesma cidade, "Informal seating arrangements" ou "hk flora". As fotografías que aparecen neste post pertencen as dúas primeiras. Convídovos a que visitedes as galerias deste fotógrafo.

Eu sorprendinme ao ver que teño montóns de fotos deste estilo que levo feito dende que retomei a fotografía. Identifícome moito vendo esas "cidades invisibles".

michael wolf

Da serie "Lost laudry" © Michael Wolf