A influencia do estado de ánimo na fotografía

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

A fotografía, cando se sinte e se vive con paixón, e cando ademais non é algo que te condicione para vivir, senón que a vives como “amador” -que preciosa palabra- ten bos e malos momentos. As emocións e estados de ánimo, condicionan o xeito de ver. A min polo menos, pásame.

Todos, coido eu, temos momentos mellores e peores na vida. As veces por cuestións alleas, outras por próprias. Por múltiples motivos, as emocións, os estados de ánimo, inflúennos. Eu que anímicamente son moi cambiante, impulsivo as veces, demasiado reflexivo outras, teño uns cambios de carácter que condicionan a miña vida...e tamén a miña fotografía.

Milán 2018 - rasgada                                                                                                 

© Alberte A. Pereira



É por iso que fai uns días, nunha entrevista que me fixeron -aínda non publicada- dicía que coas nosas fotografías falamos sobre todo de nós mesmos.

Cada vez que lle dou unha volta ao meu arquivo fotográfico, doume conta dos momentos nos que quitei certas fotos. Lembro a miña situación emocional e doume conta que o resultado está influenciado por ese estado de ánimo.

Milán 2018 - flores na vía

© Alberte A. Pereira



O cal non quere dicir que as fotos sexan peores ou mellores -se é que teño algunha boa, claro-. Só que cambia e moito, o xeito de ver, o xeito de resolvelas e as emocións plásmanse nas imaxes que realizamos de xeito irremediable.

Porto - sangue

© Alberte A. Pereira


A min persoalmente, gústame verme reflexado nas miñas fotografías, aínda que as veces non sexa agradable.