Retratos dun incendio

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

O sábado 7 de abril, pressentouse no C.I.P. de Taboexa - As Neves, o fanzine "Retratos dun incendio", editado por AmordeMadre dentro do proxecto A PAREDE. Tamén se inaugurou a exposición con título homónimo e que estará durante quince días no mesmo local para poder visitar.

 

Cartel

Cartel da Exposición e presentación do Fanzine en Taboexa - As Neves

 

No mes de outubro de 2017 os incendios asolaron Galiza.  Algo que tristemente ven sendo habitual a finais de cada verán. Ademais de miles de hectáreas de monte queimadas, deixou a perda de catro vidas humanas.

Nesta vaga de incendios en Galiza, o concello das Neves foi declarado oficiosamente a “zona cero”. Algúns medios falaron do 90% do seu territorio, incluído núcleos poboados, cemiterios e parques urbanos ademais dos montes veciñais.

Fálase de intereses económicos, urbanísticos e toda índole detrás dos incendios. Se cadra, ademais de escuros intereses, a masificación de especies arbóreas foráneas e de fácil combustión, como o eucalipto ou o piñeiro, o abandono do monte, o pouco valor que se lle da,  a despoboación sistemática do rural favorecida polos poderes públicos que non apostan pola súa recuperación, sexan algunhas claves para entender o que acontece ano tras ano nos nosos montes.

Neste traballo, dende unha mirada persoal e dun “ruralita”, trato de mostrar o dramatismo e a desolación que provoca ver o territorio queimado. A deste incendio en particular, mais e por extensión, o de calquera parte do planeta.

Esta publicación consta de 50 copias de tamaño 20×14 cm asinadas e numeradas. Se queres podes solicitar unha dirixíndote a info@zlick.net