Aprendamos dos erros

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Nunha entrada anterior que titulaba “Fotografa para ti”, rematábaa dicindo que dos nosos erros aprenderemos.

Noutra entrada de 2016, facía referencia a xa famosa cita de Alex Webb, na que asegura que temos que tirar ao lixo o 99,99% das nosas fotos.

Nesa mesma entrada puña como exemplo unha fotografía do tamén fotógrafo Magnum, Tren Park, na que empregrara un cento de rollos de película para finalmente conseguir a foto que buscaba. Cen rolos para unha foto!

Tren Par

© Trent Parke

Recentemente lin unha entrevista a Martín Parr, na que dicía “A maioría do meu traballo é un monte de merda, pero só ensino o bo. E toda esa merda é fundamental para chegar a facer algo bo.”

Por tanto, todas esas fotos que tiramos ao lixo. Toda esa “merda” da que fala Martin Parr, é absolutamente necesaria para aprender. Eu diría máis, é a única maneira. Porque é necesario probar, realizar intentos fallidos e coller eses erros como anotacións para superalos, e porque ninguén ten a capacidade de conseguir, xeralmente, boas fotos dun só intento.