FRAGMENTOS na Casa da Luz de Pontevedra

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Dende o próximo sábado día 24 de marzo, estará na Casa da Luz en Pontevedra, a exposición de fotografía “FRAGMENTOS”.

A inauguración terá lugar ás 20:00 horas do mesmo sábado a cal está previsto a asistencia da Concelleira de Promoción da Cidade, Ana Gulias.

Fragmentos - Casa da Luz

A mostra poderá visitarse ata o venres 27 de abril, na Casa da Luz, sita na Praza da Verdura, de luns a sábado de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas.