Unha cidade como tema

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Fai un par de meses reflexionaba en Quitar Fotos sobre  Anthony Hernandez e falaba de como este fotógrafo norteamericano desenvolveu un estilo fotográfico, e como o foi evolucionando durante toda a súa vida, ata a actualidade.

Hoxe quero falar deste mesmo autor, pero dende outra perspectiva. E é de como Hernandez toma a cidade de Los Ángeles como tema. Obviamente, se liches o artigo ao que me refería antes, veredes que o fai dende unha posición crítica.

landscapes_for_homeless_1_1988

Landscapes for Homeless #1 1988 © Anthony Hernandez

 

Así, e independentemente da evolución do seu estilo, Hernandez explora a cidade, as súas xentes , os lugares e vai facendo unha radiografía do que acontece nela dende a visión comprometida por dar visibilidade aos máis humildes, e crítica tamén coas clases máis favorecidas e co consumismo, como acontece coa serie “Rodeo Drive”.

Anthony Hernandez everything_77_2002

Everything #77 2002 © Anthony Hernandez


Unha radiografía, eu diría que minuciosa, onde o ser humano está sempre presente, aínda que a partir do ano 1985 as persoas deixan de aparecer nas súas fotografías. Pero non fai falla, porque “fala”  da condición humana e das súas miserias e virtudes, dende a narrativa das súas imaxes. A partir de aquí, Hernandez céntrase, como digo, nas evidencias da existencia humana e o seu impacto sociopolítico.

landscapes_for_homeless

Landscapes for Homeless © Anthony Hernandez


Se cadra, “Forever” que inclúe fotografías tomadas na área do centro de Los Ángeles e dos barrios máis pobres é na que máis mostra esa crítica.  Neste libro mostra imaxes dende o punto de vista das persoas sen fogar. Por tanto, non fotografía somente onde están esas persoas, senón o que ven desde onde están.

forever_20_2007

Forever #20 2007 © Anthony Hernandez


Hernandez elixe fotografar L.A. simplemente por que é a cidade na que vive e é, por tanto, a cidade que mellor coñece. Algo fundamental para poder achegarse aos seus problemas tal e como el o fai, e poder facer esa radiografía tan minuciosa.