Finalista no Miami Street Photography Festival 2017

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Este é un recoñecemento máis, sendo sabedor de que nos festivais e concursos, todo é moi subxectivo, xa que se depende diso, da subxectividade dos membros do xurado. Dos seus gustos e das súas preferencias visuais.

Así é todo, non deixa de ser un recoñecemento do que me sinto orgulloso. É o terceiro ano consecutivo que me presento e o segundo no que son finalista no MSPF. Antes xa fora no 2015.

A foto coa que son finalista é a que acompaña esta entrada, e foi realizada en xaneiro deste ano en Madrid.

Madrid 2017

© Alberte A. Pereira



Agora toca esperar a decisión final que se tomará durante o transcurso do Festival que se celebrará do 7 ao 10 de decembro e donde o xurado, terá que elixir as tres fotos vencedoras de entre as 99 finalistas.

O xurado que resolverá  concurso está formado por fotógrafos de renome mundial, como son Constantine ManosAlessandra Sanguinetti da Axencia Magnum, Maggie Steber de National Geographic’s, ou os fotografos documentais Larry Fink e Richard Sandler.

Ademáis poderán verse todas as obras finalistas no HistoryMiami's Center for Photography desde novembro de 2017 ata xaneiro de 2018 e durante o mes de abril de 2018 no  Street Photo Milan, Italia.