2º Premio no LensCulture Street Photography Awards 2017

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Despois de ter quedado Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards 2017, categoría Series, cunha serie do proxecto FRAGMENTOS, a mesma, acada o 2º Premio no LensCulture Street Photography Awards deste ano.

FRAGMENTOS

Da serie FRAGMENTOS © Alberte A. Pereira

Ademais do recoñecemento internacional que supón e o premio en si, o que máis ilusión me fai é o feito que varias destas fotografías estarán expostas no SF Camerawork, 1011 Market Street, 2nd Floor | San Francisco do 11 ao 18 de novembro. Que se publicarán no Anuario LensCulture 2017 e que formarán parte dun video resumo anual, que se proxectará en varios dos mellores festivais de fotografía internacionais.

Por outra banda, faime especial ilusión que o premio recaira nesta serie e non en fotos únicas, como xa me ten acontecido, pois estou moi contento con este proxecto. O cal, en parte xa ten sido exposto en Vigo e na Coruña e espero que siga percorrendo fases, esperando o que o futuro lle depare.