Finalista no StreetFoto San Francisco 2017

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Este ano repito como Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards, neste caso na categoría Series.

É a segunda edición deste festival, e é a segunda vez que participo volvendo a quedar finalista, nesta ocasión na categoría Series. Isto é, que hai que enviar entre 3 e 9 fotografías sobre un mesmo tema ou que teñan coherencia entre elas.
Fragmentos

Fotografía da serie FRAGMENTOS © Alberte A. Pereira


Os gañadores das diferentes categorías serán anunciados na ceremonia de entrega de premiosque se celebrará na cidade de San Francisco, o próximo 10 de xuño.
Todas as fotos finalistas das diferentes categorias, se exhibirán no StreetFoto do 5 ao 11 de xuño no Harvey Milk Photo Center, 50 da rúa Scott, en San Francisco.

En todo caso, a serie que presentei en San Francisco, poderase ver casi na súa totalidade en Vigo, na exposición que estará do 2 ao 30 de xuño en DINAMOCoworking, rúa Ecuador, 14. A serie titulase FRAGMENTOS