II Obradoiro de fotografía documental de rúa no Festival de Ortigueira

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Volvemos ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, un evento que presume de ser un dos de máis solera da península e dos de máis afluencia de público.

A experiencia do ano pasado non puido ser mellor. Bo ambiente, alegría, multiculturalidade, colorido, espírito libertario... e moitas ganas de fotografiar o que alí acontece!!
Despois de tan longo percorrido, o Festival ten superado nas últimas edicións os 100.000 asistentes e foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional no 2003. En 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional. É por tanto un evento que supera xa o estrictamente musical e onde moitas veces, o mellor ambiente está na praia e no piñeiral de Morouzos, onde se atopa a zona de acampada.

cartel Ortigueira 2017

Nese marco Galioart encadra por segundo ano consecutivo o "Obradoiro de Fotografía Documental de rúa", que imparterei entre os días 14 e 16 de xullo. Documentar o que alí aconteza será parte dos obxectivos deste obradoiro. O reto é moi apetitoso e seguro que viviremos moitos momentos excitantes...pola mañán nas rúas, os pasarrúas, a zona de acampada, os concertos, o amencer na praia de Mozouros cos seus máis de 2000 metros de areal...a que esperas?

Apúntate!! Reserva xa a túa praza, non te arrepentiras!!

Os primeiro 8 anotados, ata o 15 de xuño, teñen precio especial!

Inscricións e información:
galioart.fotografia@gmail.com
Telf.: 652.659.387

PROGRAMA DO OBRADOIRO