Naceu 35.ESAV

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Sempre que escoitamos falar de escolas de fotografía, aparecen nomes das localizadas en Barcelona ou Madrid sobre todo, salvo algunha excepción.

 

Equipo 35.ESAV

Equipo da 35.ESAV - Escola Superior de Artes Visuais

Dende o pasado día 7 en Galiza estamos de noraboa! Ese día foi presentada en público 35.ESAV, a Escola Superior de Artes Visuais que terá a súa sede en Vigo e que nace da man de 8 profesionais de prestixio. O equipo está formado por Rubén de Torres, que será o director, Juan Carlos Regueiro, Director Financiero, Irene Bea, Directora de Comunicación e Jorge Lens, Asesor de Contidos.

Coa idea de cubrir un oco formativo presentan un programa de 3 Másters de fotografía, un de cine e creación audiovisual, de 600 horas cada un e un Ciclo Superior de Fotografía de 2000 horas. Así mesmo tamén teñen previsto realizar talleres de fin de semana.

O máster de Fotografía de Natureza e Científica, estará dirixido por Manu Pedrosa, o de Fotografía de Autor e Documental, por Eutropio Rodríguez, o de Publicidade e Moda, por Quique Touriño e o de Cine e Creación Audiovisual, estará dirixido por Xisela Franco. A súa vez, o Ciclo Formativo Superior de Fotografía, por Javier Pérez de Lis.

 Presentación en Samil - Vigo

Asistentes á presentación da 35.ESAV o pasado día 21 de abril en Samil - Vigo

Ademais dos directores e directora dos respectivos máster, teñen confirmados nomes para os diferentes cursos do máis prestixioso do panorama fotográfico do estado, como son Tino Soriano, Samuel Aranda, Jesús Madriñán, Isabel Múñoz, Juan Valbuena... e no cinematográfico, como Oliver Laxe, Lois Patiño... entre outros moitos.

En definitiva, que é unha grande noticia para Vigo, para Galiza e para os amantes das artes visuais en xeral.

Noraboa!

Enlaces e contacto:

Web: http://35esav.com/

Correo: info@35esav.com

Teléfono: 886812342