Unhas boas zapatillas

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Nun blog de fotografía falar de zapatillas, non parece moi de xeito, máis se falamos de fotografía de rúa, xa ten máis senso.

Sempre que escribo neste blog, fágoo ben sobre autores, despois de buscar información dos mesmos en libros ou na net, ou de experiencias e reflexións propias. Hoxe toca falar de experiencias miñas cando saio a fotografar polo espazo público.

Londres

© Alberte A. Pereira


É habitual que cando falamos de foto de rúa facemos referencia á cámara. Seica mellor unha que sexa pequena e discreta para pasar inadvertido. Ás focais máis recomendables. As cuestións técnicas, a utilizar a hiperfocal, a composición... Todas moi importantes, sen dúbida.

Agora coas novas tegnoloxías, os teléfonos móbiles cada vez utilízanse menos para o que foron inventados, falar. Hoxe xa se utilizan tamén para fotografar, por exemplo. Mais tamén traen de serie algunhas “app”  moi interesantes que te permiten, supoño que aproximadamente, saber o que camiñas durante un día. Os pasos camiñados e a súa equivalencia en quilometros, calorías gastadas... Unha marabilla!. A do meu móbil chámase “Saúde”.

Madrid

© Alberte A. Pereira

O caso é que por exemplo, na miña última viaxe a Londres, permitiume saber que en catro días e medio, camiñei algo máis de 77 kms en total, dende que me ergo ata que me deito. Casi nada!! Pero é que na viaxe a Madrid do pasado mes de xaneiro, tamén sobre todo fotográfica -quitar fotos,  exposicións, unhas cañas...- de tres días e medio, fixen 87 kms en total. Unha locura!! Antes non me daba conta do que andaba, agora con estes trebellos modernos, como nos controlan todo, un flipa!

Total e como conclusión, se te gusta a fotografía de rúa e, sobre todo, se a practicas nas grandes  cidades o que non pode faltar no teu “equipo” son unhas boas zapatillas!!!