Unha mirada subxectiva do cotián

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

"Unha mirada subxectiva do cotián" é a miña primeira exposición en solitario.

Descrición:

Cada día, as persoas na súa andaina vital, escenifican múltiples actos que normalmente nos pasan desapercibidos. Se por un momento nos paramos, veremos cantidade de situacións cotiás dignas de plasmar e documentar. Eu fágoo dende o meu punto de vista, de xeito subxectivo.

As imaxes deste proxecto, forman parte da miña primeira exposición en solitario e foron tomadas nas miñas viaxes e paseos que, sen ningún obxectivo concreto ou predeterminado máis co de observar o modo de proceder dos demais,  tentei captar eses momentos únicos e irrepetíbeis. Situacións normais ou curiosas,  pertencen a xentes de  vilas e cidades da Galiza, Portugal, España, República Checa, Alemaña e Hungría e foron tomadas entre os anos 2012 e 2014.

A exposición inaugurouse o 5 de abril de 2014 no Rosal, e itinerou por Galiza e Portugal de xeito ininterrunpido, pasando por cidades como Santiago, Vigo, Ferrol, A Coruña, Lisboa...

Aquí está unha mostra de 20 imaxes, aínda que a exposición oscilou entre 30 e 35 fotografías impresas en papel fotográfico Canson Photo Satín Premiun RC 270 gr, montado sobre passepartout, marco de aluminio negro e cristal mate.