Fotografía de rúa, sen corsé

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Ter un concepto ámplio do que é a fotografía de rúa é importante, o contrario é limitarse.

Nese sentido, paréceme moi interesante unha observación que fixo ao respecto Paul Halliday -ao que xa citei nunha entrada anterior-, con motivo dunha entrevista que lle realizaron no 2014 para a revista Bifurcaciones.

Paul Halliday© Paul Halliday

Nesa entrevista cando lle preguntaron cal era a maior crítica a “foto de rúa” actual, Paul Halliday dixo: “A fotografía de rúa enténdese mellor como un continuo de prácticas visuais que poden incluir paisaxe urbano, traballo enfocado en obxectos, retrato, performance e imáxes baseadas en intervencións, ademais das prácticas 'observacionais' máis tradicionais. Un dos problemas é que o termo 'fotografía de rúa' (street photography) foi secuestrado por unha visión particular da historia da fotografía que simplemente esqueceu estas outras formas de facer imaxes. Rexeita este proceso continuo.”...

Paul Halliday© Paul Halliday

E sigue a súa resposta indicando que algúns grupos de fotógrafos de rúa adxudícanse dereitos de definición nesta área. Creo que da de cheo nesta crítica Paul Halliday.

Só hai que ver a dificultade de definila botando un ollo ao, para min, mellor Dossier especial sobre fotografía de rúa na web de Óscar Colorado, onde di: “Definir a la fotografía de calle es elusivo, y la mayoría de las posibles acepciones resultan por un lado reduccionistas o, por el contrario, tan amplias que no aclaran gran cosa”. Despois, cada un dos fotógrafos que se citan nese dossier ten unha opinión en parte diferente aos demais.

Paul Halliday London Project© Paul Halliday - London Project

É por iso que quixen escribir esta entrada. Para deixar constancia da dificultade de definir esta disciplina e, tendo que elixir, sempre é mellor ter un concepto amplo de posibilidades e non ser restrictivos. Para que por corsé?

Paul Halliday London Project© Paul Halliday - London Project

Por último, paréceme moi interesante outra reflexión de Halliday nesa mesma entrevista, cando dí que un dos principais desafíos ao que se enfrenta esta disciplina fotográfica é “como enmarcamos o noso traballo e ubicamos o proceso de criar imaxes dentro dunha matriz sociolóxica, xeográfica e histórica, co fin de ter unha visión máis clara sobre o que as imaxes din e que impacto poidan ter no arquivo e memoria urbana.

Pódese estar ou non de acordo con Halliday, pero en todo caso é, cando menos, para reflexionar.