Leon Levinstein, o fotógrafo solitario

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

 “Nas miñas fotos quero ver as cousas comúns da vida como se acabara de xirar nunha esquina e me atopara con elas por primeira vez”. Leon Levinstein

Naceu en Buckhannon, West Virginia, 1910 e morreu en 1988 na cidade de Nueva York, na que viviu dende finais dos anos corenta. Foi un mestre da foto de rúa en branco e negro, fotografando sobre todo a cidade de Nueva York.

leon levinstein

© Leon Levinstein

Tes que estar só e traballar só. A fotografía é unha actividade solitaria, por dicilo así.” comentaba. Esa filosofía da soidade levouna á practica tamén na súa vida, de feito, nunca se casou nin tivo fillos.

Independente ata o extremo, revelaba cada noite o traballo que realizaba durante o día no cuarto escuro que tiña montado no baño do apartamento no que vivía. Actuaba ao contrario de outros moitos mestres, que deixaban seus rolos de película durante meses e incluso anos sen revelar. Os que o coñecían, dicían que era o fotografo de rúa máis rápido da época e que podía facerte un retrato coa súa Rollei a 60cm sen que te deras conta.

Leon Levinstein

© Leon Levinstein

Esa imaxe da soidade móstraa na súa obra fotográfica. Capturou aos habitantes de NYC a moi curta distancia, fotografando a todo espectro social da sociedade neoyorquina dende mendigos, prostitutas e chulos ata homes de negocios e personaxes da alta sociedade.

Menos coñecido cos seus coetáneos Robert Frank, Ricard Avedon e Diane Arbus, Leon Levinstein tamén aparecía nas revistas e publicacións dos 50 e 60 do século pasado xunto con estes grandes. El non era menos, só que case nunca aceptou encargos, como facían seus compañeiros, nin nunca publicou un libro.

Leon Levinstein

© Leon Levinstein

De feito, non vivía da fotografía, senón que traballaba como deseñador gráfico e saía a fotografar na hora do xantar, sen comer, polas tardes e nas fins de semana coa súa Leica enganchada ao pulso e a Rollei colgando do ombreiro. Consecuentemente, a gran maioría das súas tomas son en formato vertical e cadrado.

Leon Levinstein

© Leon Levinstein

"Unha boa fotografía probará ao espectador que pouco nos permiten os nosos ollos que vexamos. A maioría da xente, non ve (só ve realmente o que viu sempre e o que espera ver) mentres que un fotógrafo, se é bo, ve todo. E é mellor se ve cousas que non esperaba ver” (Leon Levinstein)

No 1975, Levinstein recibe unha beca da Fundación Guggenheim. Mais a pesar deste recoñecemento nunca chegou a encaixar no mercado da fotografía comercial que xurdiu nos anos 70 e 80, seguindo a ser a súa obra descoñecida para o grande público.

Leon Levinstein

© Leon Levinstein