Arno Fischer, o fotógrafo que documentou Berlín

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Arno Fischer, Berlín Occidental, 1927 - Gransee, 2011. Estudou escultura na Escola Superior de Artes de Berlín. Despois, entre os 20 e 27 anos, adicouse a escultura vivindo a cabalo entre as dúas zonas ocupadas da cidade.

Aínda nacendo na parte occidental da capital alemana, despois da morte de Stalin, fixou a súa residencia definitiva no Berlín Oriental. Alí traballou como profesor adxunto da cátedra de Klaus Wittkugel na Escola de Bellas Artes de Weissensee.

Arno Fischer - Berlín Leste 1960

© Arno Fischer

Despois da súa etapa adicado a escultura, optou pola fotografía e traballou como fotógrafo freelance para varios xornais e revistas, o que lle permitiu viaxar por varios países, entre eles pola Unión Soviética, India, Francia, Inglaterra ou Estados Unidos.

Pero o seu traballo fotográfico máis importante, segundo manifestou no seu día o propio autor, foi a cidade de Berlín. Tomou imaxes da vida cotián, xente do común facendo as súas tarefas diarias. Fischer dicía ser inimigo da composición na fotografía, porque "o mundo é a composición". Aínda así, vendo as súas fotografías, vese que coida os elementos que aparecen no encadre.

Arno Fischer - Berlín Leste 1960© Arno Fischer

Tamén realizaba fotografía de moda que se publicaba na revista Sybillee e retrato. Traballos nos que se ve como coida os detalles, sendo estes elegantes e sutís, propios das revistas da época como LIFE.

Arno Fischer - Berlín Leste 1958© Arno Fischer

Foi un dos fundadores da escola de fotografía de Berlín onde, entre outros, asistiron a dar clases maxistrais Henri Cartier-Bresson e Helmut Newton. A liberdade de movemento que tiña na RDA, permitiulle ter na escola libros e música traídos das súas viaxes a occidente, o que facía que seus estudantes se sentiran en certo modo privilexiados.

Arno Fischer - Berlín Leste 1956© Arno Fischer

Aínda que era moi recoñecido na RDA, a súa obra non foi coñecida nin recoñecida en occidente ata a caida do muro de Berlín. A partir do ano 1978, viviu no campo e adicouse a fotografar seu xardín cunha Polaroid.