William Eggleston na National Portrait Gallery de Londres

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

O pasado mes de setembro tiven a ocasión de mirar con detenemento a exposición de William Eggleston "Portraits" na National Portrait Gallery de Londres, que se poderá visitar ata o 23 deste mes.

William Eggleston é un fotógrafo estadounidense coñecido por ser un dos pioneiros na cor e polas súas imaxes poéticas e misteriosas. Esta exposición dunhas 100 obras que dende a década dos 60 do século pasado ata a actualidade, é unha das súas mostras de retrato máis ampla nunca exhibida.

© Willian Eggleston

A pesar de que, contrariamente ao que ven sendo habitual en Inglaterra, nesta galería cobran pola entrada 8 libras, coido que merece a pena a súa visita. A exposición inclúe fotografías que se presentan por primeira vez dende fai corenta anos, como a de seu tío Adyn Schuyler co seu asistente Jasper Staples Cassidy Bayou, Mississippi ou Devoe Dinero en Jackson, Mississippi.

© Willian Eggleston

Asemade, móstrase unha selección en branco e negro nunca vista antes, sobre a vendimia na década dos 60, con xente, gasolineiras e mercados nos arredores da casa do autor en Memphis, Tennessee, que segundo a web da propia National Portrait Gallery axudan a ilustrar a mirada única de Eggleston do mundo.