O meu achegamento aos Encontros da Imagem 2016

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

A pasada fin de semana achegueime un ano máis a cidade de Braga, para percorrer as diferentes exposicións do Festival Internacional de Fotografía Encontros da Imagem 2016.

Aínda que non puiden ver aboslutamente todo, ben porque algunhas das exposicións están noutras cidades ben por falla de tempo, si penso que vin a maioría, pois o groso están na Casa Esperança e o Mosteiro de Tibães. Mais tamén estiven no Museu da Imagem, GNRation, Museu Nogueira da Silva, B Concept Store, Convento de São Francisco, Avenida Central...


SONJA HAMAND© Sonja Hamad

Un traballo dende logo a destacar entre os que vin, é o premio Emergentes dst deste ano recaiu no traballo  Jin - Jiyan - Azadi | Women, Life, Freedom - The Kurdish Freedom Fighters da Siria, radicada en Alemania, Sonja Hamad. Versa sobre as mulleres combatentes no Kusdistán occidental, que significan un terzo dos efectivos, e que loitan contra o IS. Esta fotógrafa tamén foi mención especial do xurado no festival Les Rencontres de la Photographie D'Arles deste mesmo ano.


Travellers© Birte Kaufmann

Mais a min o que máis me gustou, foi “The Travellers” de Birte Kaufmann, posiblemente polo seu carácter documental, máis próximo o tipo de fotografía que eu practico. O propio autor define este traballo como unha visión sobre a vida cotidiana do maior grupo minoritario de Irlanda. Un grupo de orixe nómada que agora, trata de adaptarse a vida da sociedade europea occidental, enfrontandos a problemas de aceptación por parte da restante sociedade irlandesa, debido ás diferencias nos modos de vida e tradicións. Dalgún xeito, este traballo e aínda que diferente, lembroume á serie "Skinningrove" de Chris Killip.

territorio expandido - braga© Alberte A. Pereira

Destacaría tamén, como non, a exposición colectiva ao aire libre na Avenida Central, “Periferia, Território e Identidades” do proxecto Territorio Expandido, que nace da parcería entre o “Outono Fotográfico” de Ourense, Galiza, “Encontros de Agosto”, de Fortaleza, Brasil e o propio Encontros da Imagem.

jose diniz© Jose Diniz

Tamén, o traballo de Jose Diniz, “Tanto Mar”, sobre a fronteira que separa Portugal do Brasil. Un ensaio que presenta imáxenes dos horizontes Atlánticos do Brasil e de Portugal, sin identificar en que lugar se atopa o fotógrafo.

Post - Marta Zgierska© Marta Zgierska

E por último, “Post” de Marta Zgierska. Un ensaio sobre o trauma que lle supuxo un accidente a propia autora, no que estivo a punto de morrer. “Post” describe ela mesma  “é unha tentativa, nun contacto íntimo, que fecha o pasado non vivido no presente”.

En todo caso, como sempre, é recomendable a visita a este festival, e por suposto, a cidade de Braga.