No TOP 100 do LensCulture Street Photography Awards 2016

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

Un novo recoñecemento ao meu traballo este ano, coa selección do traballo presentado ao concurso de Lens Culture Street Photography Awards 2016, no TOP 100.

Encantado de que o Xurado do Street Photography Awards 2016 Lens Culture, inclúa meu traballo no TOP 100 destos premios.

Pipa - Madrid 2016

© Alberte A. Pereira

Durante o preriodo de presentación, xa tiñan destacado a fotografía anterior, e coa que xa fora finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards deste mesmo ano.

Ademais, tamén me comunicaron que o xurado destos premios, valorara positivamente meu traballo no seu conxunto polo que me convidaron a participar e puxeron ao meu dispor, un espazo gratuito no portal Lens Culture, para subir proxectos e galerías  formando parte da ampla lista de prestixiosos fotógrafos desa comunidade.

Noraboa aos gañadores, finalistas, premios do xurado e todos os demais Top 100.